jueves, 28 de enero de 2010

Alimentación versus dieta


Ó noso entender, a dieta é un réxime alimenticio seguido, as máis das veces, con carácter temporal e en ocasións de forma permanente recomendado e supervisado por un especialista cando a persoa presenta algunha patoloxía.

En Galicia, a dieta era tamén na sociedade tradicional o periodo seguinte ó parto no que ás mulleres lles estaba prohibida a inxesta de certos alimentos (peixes azuis, polbo, calamares e mariscos) e bebidas (auga, viño branco, cervexa e, en xeral, tódalas bebidas gaseadas),
mentres que se lles recomendaban outros (caldos e sopas ricos en graxa, chiculate, viño tinto...).

Cando non hai unha recomendación médica ou non existen patoloxías que esixan un réxime especial de comidas debemos falar sempre de alimentación. Iso non implica deixar de observar certas recomendacións saudables, tanto para garantizar o aporte enerxético que o noso corpo precisa, coo para prevenir certas patoloxías nas que unha alimentación ten unha especial incidencia. En todo caso, a alimentación debe ser variada e adaptada ás necesidades e ó estilo de vida de cada persoa, principalmente á actividade física realizada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario