viernes, 4 de febrero de 2011

A queimada

"Xa no antigo rito celta, nas noites de Breogán, a queimada daba forza para a loita, facía fuxir ós espítitus, desfacía o "mal de ollo", sandaba enfermedades e era, en fin, o elemento principal dunha ceremonia relixiosa na que se invocaban tódalas forzas ocultas: meigas, trasnos, duendes e sunsumcordas.
"Usábase tamén pra facer fuxi-las aparicións da Santa Compaña, que se reunía nos cruceiros dos camiños.
"Prepárase a queimada con augardente, destilada dos bagos da uva nas típicas alquitaras ou potas e recólles o destilado gota a gota, día e noite.
"Este augardente mistúrase cunha proporción de azucre de catro a un, é dicir, un kilo e de azicre por cada catro litros de augardente e, segundo a opinión do Gran Mestre de Queimadas o que debe decidir se é mellor máis ou menos doce. Empréase mellor mel que azucre, xa que dá un sabor e unha aroma mellores.
"Engádeselle un pouco de viño tinto, un limón cortado en rodallas, uns cachos (poucos) de mazá e o que a pantasía e mailo gosto do que o Grande Mestre queira.
"Prántaselle lume á mistura, collendo nunha culler un pouco de azucre do fndo da vasixa, con augardente, e acercándolle un misto aceso.
"Unha vez acesa, mécese cunha culler de barro ou metal, co rabo de madeira e as chamas soben ledas, comunicando calor á xuntanza. Hai que apaga-las luces pra que só a chama da queimada extenda a súa claridade antasmagírica.
"É necesario cantarlle á Quiemada e invocar a tódalas meigas benéficas. Cantaráse maiormente cancións reionais galegas (Negra Sombra, Alborada de Veiga) que son sentimentais, melancólicas, profundas, case oracións. Antes de apagala, engadirlle algo de café e canela.
"Cando se vexa que está queimado todo o espíritu da augardente, que se debilita a chama, antes de que se apague por si mesma, apagala cun soplo forte.
"O punto exacto é o grande secreto do Grande Mestre en Queimadas, xa que calcula a forza da bebida.
"Hai que bebela quente, a pequenos grolos, paseniñamente, xa que tódolos espíritus e meigas bébense coela, e quentan o corpo e alegran a alma de tal xeito que despois pasan cousas moi extranas. Feitizado queda o que bebe, esquéncese da súa muller, dos seus problemas, síntese grande, xeneroso, ceibe e quere voar con tódalas meigas a unha grande noite de Aquelarre."
(Escrito que me achegou un dos informantes e que trasladei ó pé da letra)

No hay comentarios:

Publicar un comentario