viernes, 8 de julio de 2011

miércoles, 6 de julio de 2011

Ensalada de calabacín

Ingredientes:
  • Cebola
  • Zanoria
  • Allo
  • Aceite de oliva
  • Viño branco (tipo Tío Pepe)
  • Calabacíns
  • Sal
  • Pementa
Elaboración:
Pícanse a cebola, a zanoria e o allo moi miúdos e póñense nunha cazola co aceite de oliva e o viño branco. Cócense a lume lento uns 15 minutos; añádeselle o calabacín cortado en rodallas finas; déixase cocer 10 minutos máis; añádeselle o sal e a pementa.
Vértese a mistura nunha fuente e métese no frigorífico un par de horas.
Sérvese acompañada de picatostes.

Refresco de verán

Ingredientes:
  • Auga
  • Xeo (cubitos)
  • Rodallas finas de colombro (pepino)
Especialmente recomendado para aquelas persoas que nunca teñen sede.
Produce lixeiros efectos diuréticos.

Ficha de traballo (33)

AS MULLERES NA COCIÑA
  1. ¿Cando aprenderon a cociñar?
    • na adolescencia
    • antes de casar
    • cando casaron
    • paulatinamente, case sen decatarse
    • aínda seguen aprendendo
  2. ¿Quen lles aprendeu?
    • nai
    • avoa
    • tías
    • irmáas máis vellas
    • na escola
    • viciñas
  3. Cando eran nenas ou mociñas, ¿lembran que algún home da familia fixera a comida?
    • habitualmente
    • ocasionalmente
    • só algúns pratos
  4. ¿Aprenderon a cociñar ás súas fillas?, ¿e ós seus fillos?
  5. Actualmente, ¿algún homa súa familia cociña habitualmente?
  6. ¿Ten á man algún libro de cociña?
  7. ¿Úsao con frecuencia?
  8. ¿Ten unha libreta ou caderno que foi anotando receitas?
  9. ¿Intercambia receitas con outras persoas?
    • familiares
    • amigos
    • viciños
    • outros
  10. ¿Consulta receitas por Internet?

lunes, 4 de julio de 2011

Os nosos menús


Menú 268:
  • Caldo galego;
  • Peixesapo á cazola;
  • Flan con tona;
Menú 269:
  • Ensalada de pasta;
  • Zancos de polo con pexegos en almíbar;
  • Mousse de chiculate;
Menú 270:
  • Ensalada mixta;
  • Robaliza ó forno;
  • Crepes recheos de crema;
Menú 271:
  • Ensalada de atún;
  • Chicharros (xurelos) en escabeche;
  • Froita de tempada;

sábado, 4 de junio de 2011

Pescada con pisto

Ingredientes:
  • Lomos de pescada (sen espiñas);
  • Pemento roxo;
  • Berenxena;
  • Calabacín;
  • Ceboleta;
  • Allo;
  • Tomate;
  • Viño branco;
  • Aceite de oliva;
  • Sal;
Elaboración:
Lávanse as verduras e trocéanse en anaquiños.
Ponse a cebola e mailo allo nunha cazola cun pouco de aceite de oliva para que se pochen; despois añádense as outras versuras; déixase facer uns 30 minutos; añádese o viño branco e, cando se evapore, o tomate;
Colócanse os lomos de pescada de xeito que queden ben cubertos e mantemos co lume baixo 10 minutos máis.

Utensilios