pra bo viño, Ribadavia
e pra mulleres bonitas
Ourense que ten a fama.
Unha vella e máis un vello
fixeron unha empanada;
a vella comeuna toda
e o vello quedou sen nada.
Tanta laranxa, laranxa,
tanto limón polo chau;
tantas rapazas bonitas
sen poder darlle a mau.
Tirei un limón a rolos,
na túa porta parou;
se o limón ten amores,
¿que fará queno tirou?
castañas do teu magosto,
non chas quero, non chas quero
que me cheiran a chamusco.
nabizas do teu nabal,
non chas quero, non chas quero
que me poiden facer mal.