jueves, 30 de julio de 2009

Refráns relacionados coa gastronomía


  1. A auga cría rás;
  2. A boa fame non hai pan duro;
  3. A muller e a sardiña, pequeniña, pequeniña;
  4. A muller e a sartén na cociña están ben: Dito machista que reflexa que as tarefas culinarias na sociedade tradicional estábanlle reservadas ás mulleres.
  5. A perdís co dedo no narís;
  6. As contas claras e o chiculate espeso;
  7. As penas con pan son menos;
  8. Caír o viño, sinal de alegría; caír o sal, malo sinal: cando se derramaba viño na mesa, mollábanse os dedos índice e corazón nel e facíaselle unha cruz na fronte á persoa que estaba enfronte ou ó carón, porque iso daba boa sorte;
  9. Con pan e viño ándase o camiño;

  10. Con queixo non hai viño malo;

  11. De grandes ceas están as sepulturas cheas;
  12. De la mar el mero y de tierra el cordero; (aparte da rima, que é un elemento primordial na pervivencia dos refráns na fala popular, non é állea á comparación a influencia na nosa tradición do costume cristiá que asocia o cordeiro a súa festa principal, a Pascoa);
  13. Deus dalle noces a quen non ten dentes;
  14. El muerto al hoyo y el vivo al bollo;

  15. En la mesa y en el juego se conoce al caballero;
  16. En Xaneiro a berza sabe a carneiro;
  17. En Xaneiro a faneca sabe a carneiro;
  18. En Xaneiro pon o teu alleiro;
  19. Febreiro, oveiro: as galiñas comezan a poñer ovos, de excelent calidade xa que durante o inverno se alimentaron principalmente de millo e non tanto de verdura, que non abonda nesta época do ano por mor das xiadas. Así, en chegando á Páscoa (a finais de marzo ou comezos de abril), as familias teñen ovos en abondancia, tanto para levarlle ós cregos para cumprir co preceuto, como para elaborar tortillas de diferents tipos e roscas, manxares típicos desta época do ano.
  20. Mentres tempo non ven, sazón non pasa: refírese ás épocas propicias para a realización das faenas agrícolas, no tocantes a temperatura, luz solar, nivel de humidade...;
  21. Morra Marta, morra farta; dise cando unha persoa come algo que lle está vedado por razóns de saúde ou en exceso.

  22. Non comer por haber comido non é enfermidade de perigo;

  23. Non hai galiña gorda por pouco diñeiro;
  24. Non se pescan as troitas a bragas enxoitas;
  25. Non se pode facer unha tortilla sen rompe-los ovos;
  26. Nueces con pan qué ricas están;Nueces con queso saben a beso;
  27. O abade onde canta, xanta;
  28. O beber quita o comer;
  29. O comer e o rañar todo é empezar: dise cando unha persoa que primeiro manifestou non ter apetito, logo come bastante ou incluso recunca;
  30. O comer pide o beber;
  31. O palleiro non se fai sen palla;
  32. O que chega tarde non oe misa nen come carne; fai referencia ás épocas nas que non abondaban os alimentos e moito menos aínda as carnes, que se administraban minuciosamente, reservando parte delas para as épocas de máis traballo agrícola; por outra banda, segundo a opinión popular, para cumplir coa obriga dominical de ouvir misa había que chegar antes do Credo e non marchar antes da Comunión;
  33. O que non mata, engorda: dise tratando de quitarlle importancia ós escrúpulos dagúns frente a manxares de dudosa garantía sanitaria;
  34. O que parte e ben reparte deixa para si a millor parte;
  35. O queixo pide o pan;
  36. O viño fai ó vello mociño;
  37. Ó catarro dalle co xarro: a idea moi extendida de que a inxesta de bebidas alcohólicas (viño do Ribeiro quente, caña, coñá...) axudaban a cura-los catarros e as gripes;
  38. O que chega tarde non oe misa nen come carne;
  39. O que de servilleta pasou a mantel nen o demo pode con el;
  40. Ó que non quere caldo, dúas cuncas;
  41. Os pementos de Padrón uns pican e outros non;
  42. Pan con pan, comida de tontos;
  43. Para colle-los camaróns hai que molla-los calzóns;
  44. Para comer non ver: dito a propósito de hixiene das persoas que cociñan, da calidade dos alimentos que se ofrecen nun establecemento público ou nunha casa allea e á limpeza dos utensilios empregados para comer;
  45. Para quen non quere ten meu pai moito;
  46. Pan y queso saben a beso;
  47. Panza feita, comida desfeita;
  48. Poco plato, poca cama y mucha suela de zapato; recomendación que popularizou o eminente xerontólogo soriano D. Xesús Calvo Melendro.

  49. Pola boca morre o peixe;

  50. Polo pan baila o can: as dádivas ou os pagos incentivan e motivan ás persoas para o traballo; emprégase con ironía para referirse a alguén do que se sabe que fai as cousas só pensando na compensación que vai recibir; o siñificado varía cando se emprega o refrán completo, "polo pan baila o can e polo carto se está farto", indicando que, cando xa non hai unha necesidade perentoria, a persoa vólvese máis selectiva e esixente;;

  51. Polo San Martiño mata o teu porquiño e avilla o teu viño;
  52. Polo San Xoán a sardiña molla o pan;
  53. Sopas de viño quente fan ó home valente;
  54. Tira-lo viño, sinal de alegría; tira-lo sal, malo sinal: superstición popular;
  55. Uvas con queso saben a beso;
  56. Vale máis sopas (ou cachelos) en paz que talladas en guerra;

Os refráns, ditos e expresións da fala popular referidos á gastronomía e ás cualidades dos productos alimenticios abondan na cultura tradicional, proporcionándonos unha interesantísima información sobre os costumes culinarios e a súa valoración social.

Algúns deles teñen vixencia, sobtre todo aqueles que son froito da observación da natureza (Polo Sanxoán a sardiña molla o pan, en xaneiro a berza sabe a carneiro...); outros son só testimonio dunha época e hoxe serven para coñecer hábitos profundamente arraigados na vida cotiá que ás veces é preciso modificar por mor da saúde (A auga cría ras; a carne, carne cría...); por último, algúns teñen unha doble intención ou unha connotación picaresca (A froita roubada é a que millor sabe...)




No hay comentarios:

Publicar un comentario