En solidariedade coas víctimas do accidente ferroviario en Santiago de Compostela
jueves, 25 de julio de 2013
sábado, 7 de abril de 2012
miércoles, 4 de abril de 2012
Os nosos menús
Menú 307:
- Anguilas fritidas (ou calquera outro pescado miúdo);
- Peituga de polo ó ferro con puré de patacas;
- Biscoito de limón;
- Patacas recheas;
- Rapantes fritidos con ensalada;
- Froita de tempada;
- Croquetas de xamón;
- Xurelo ó forno;
- Macedonia de froitas;
- Pementos do piquillo recheos;
- Escalope de terneira;
- Froita de tempada;
MENÚ
ensalada
mixta
bacallau
ó forno
froita
de tempada
|
A fala popular
- Marzo iguarzo, ven a merenda e mailo descanso
Algúns empregan somentes a primeira parte, unha fórmula sinxela, pero efectiva de sinala-lo momento do equinocio (a mesma duración dio día e da noite), de aí o de "iguarzo".
Outros asocian a segunda parte do dito coa festividade de San Marcos (Polo San Marcos entra a merenda e mailo descanso), que se celebra o 25 de abril, de xeito que un dito e outro marcarían unha diferencia dun mes aproximadamente no tocantes á temporalización dese hábito alimenticio, sen que teñamos explicación para ilo, xa que informantes da mesma zoa e da misma idade aportaron as dúas variantes.
A MERENDA:
No mundo rural galego, ata finais dos anos 60, a merenda, en paralelo coas "once" era a comida que tomaban os labregos nas leiras a media tarde e a media mañá, respectivamente. Os alimentos que se consumían nun caso ou noutro podían ser os mesmos (pan de molete, viño, queixo, chourizos, touciño curado...), pero á merenda podían incorporar alimentos sobrantes do xantar, productos de tempada (principalmente, peixe miúdo fritido) ou calisquera outros elaborados a propósito pola muller da casa (bacallao rebozado ou en chulas, p.e.).
AS "ONCE":
Para as "once" empregábanse productos elaborados previamente porque a muller ou, segundo o caso, mulleres da casa nesas primeiras horas da mañá tiñan moitoa traballos para facer (atender ós animais, ós nenos e ós vellos ou enfermos, acarrexar a auga que ían consumir durante o día, etc.). No tocantes ó peixe, no interior os peixeiros non chegaban ás aldeas ata media mañá e non tódolos días, de aí o consumo de peixe en conserva, afumado ou en escabeche.
lunes, 2 de abril de 2012
jueves, 8 de septiembre de 2011
Ficha de traballo (42)
Comenta os seguintes refráns, ditos e expresións da fala popular galega:
- O que se pica, allos come;
- Naranjas de la China;
- Ser can de moitas merendas;
- O palleiro non se fai sen palla;
- Comer coma un paxariño;
- Co tempo maduran as uvas;
- Comer rabos de pasa;
- Sacar tallada;
- Ser todo mel e manteiga;
- Relear;
- Facer feira;
- Somellar unha feira;
lunes, 5 de septiembre de 2011
Utensilios
Suscribirse a:
Entradas (Atom)