- Describir, cada un á súa maneira, como se fai o caldo galego.
- ¿Cantas veces por semán comían caldo cando eran nenos?
- ¿Con que frecuencia comen caldo actualmente?
- ¿Que diferencias hai entre o caldo que toman agora e o que tomaban cando eran nenos?
- ¿Quen facía o caldo na súa casa?
- nai
- avoa
- outras mulleres da casa (especificar)
- persoa de servizo
- ¿Como conservaban o caldo dun día para outro ou máis?
- ¿Tomaban o caldo antes ou dispois do resto da comida?
- Ditos e refráns relacionados co caldo.
- Supersticións relacionadas co caldo.
lunes, 11 de julio de 2011
Ficha de traballo (34)
O CALDO:
viernes, 8 de julio de 2011
Os nosos menús
Menú 272:
- Mexilóns á vinagreta;

- Guiso de carne;
- Froita de tempada;
Menú 273:
- Gazpacho;
- Salmón ´ferro;
- tarta de Santiago;
Menú 274:
- Ensalada de garabansos;
- Pescada á romana;
- froita de tempada;
miércoles, 6 de julio de 2011
Ensalada de calabacín
Ingredientes:
- Cebola
- Zanoria
- Allo
- Aceite de oliva
- Viño branco (tipo Tío Pepe)
- Calabacíns
- Sal
- Pementa
Elaboración:
Pícanse a cebola, a zanoria e o allo moi miúdos e póñense nunha cazola co aceite de oliva e o viño branco. Cócense a lume lento uns 15 minutos; añádeselle o calabacín cortado en rodallas finas; déixase cocer 10 minutos máis; añádeselle o sal e a pementa.
Vértese a mistura nunha fuente e métese no frigorífico un par de horas.
Sérvese acompañada de picatostes.
Refresco de verán
Ingredientes:
- Auga
- Xeo (cubitos)
- Rodallas finas de colombro (pepino)
Especialmente recomendado para aquelas persoas que nunca teñen sede.
Produce lixeiros efectos diuréticos.
Ficha de traballo (33)
AS MULLERES NA COCIÑA
- ¿Cando aprenderon a cociñar?
- na adolescencia
- antes de casar
- cando casaron
- paulatinamente, case sen decatarse
- aínda seguen aprendendo
- ¿Quen lles aprendeu?
- nai
- avoa
- tías
- irmáas máis vellas
- na escola
- viciñas
- Cando eran nenas ou mociñas, ¿lembran que algún home da familia fixera a comida?
- habitualmente
- ocasionalmente
- só algúns pratos
- ¿Aprenderon a cociñar ás súas fillas?, ¿e ós seus fillos?
- Actualmente, ¿algún homa súa familia cociña habitualmente?
- ¿Ten á man algún libro de cociña?
- ¿Úsao con frecuencia?
- ¿Ten unha libreta ou caderno que foi anotando receitas?
- ¿Intercambia receitas con outras persoas?
- familiares
- amigos
- viciños
- outros
- ¿Consulta receitas por Internet?
lunes, 4 de julio de 2011
Os nosos menús
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



