martes, 13 de abril de 2010

Sentar á mesa

Sentar á mesa siñifica invitar a un ha persoa a compartir a comida coa familia; era un sinal de confianza.
No ámbito rural soían sentar á mesa ós xornaleiros, ós carpinteiros, matachíns, xastres e costureiras que traballaran ese día na casa, pero non sempre ós criados e case nunca ás criadas, que comían nun recuncho da cociña.
Non era infrecuente que convidaran tamén a algún mendiño dos que ían de aldea en aldea e de porta en porta, principalmente dos que o faían de xeito habitual, xa que a súa presencia rachaba coa rutina cotiá e aproveitaban para pedirlle información sobre as feiras, mercados e romarías doutras zoas eata sobre familiares e amigos residentes noutras parroquias, incluso mandarlleles encargos.
Os que se sentaban á mesa comían as mesmas viandas que a familia da casa, incluso se lles ofrecían as millores talladas ou algún producto extraordinario.
Nas cidades era máis frecuente a segregación: ós traballadores ou empregados dábanlle-la comida na cociña antes de comer o resto da familia, que oía facelo no comedor. Canto máis outro era o nivel socioeconómica da familia, máis profunda era a separación, que afectaba dun xeito especial ás criadas, ás que se lles daban as sobras ou se lles mercaban productos máis baratos.

Levantarse da mesa:
Frecuentemente os rapaces querían levantarse da mesa non máis rematar de comer para ir xogar; debían pedirlle permiso ós pais para marcharen. Empregaban as fórmulas "¿dá vostede o se permiso?" ou, simplemente, "con permiso". Os adultos tamén empregaban as mesmas fórmulas ou as menos usuais "disimule" ou "disimulen" dirixíndose ó cabeza de familia ou á familia completa se se trataba dun convidado.

Fórmulas de cortesía:
Cando se entraba ou se saía dunha casa ou dunha fonda na que estaban comendo dicíase "que aproveite" ou "bon proveito".

viernes, 9 de abril de 2010

Os nosos menús


Menú 41:
  • Fabada de fabas verdes;
  • Tortilla de espárragos;
  • Macedonia de froitas;
Menú 42:
  • Lentellas;
  • Ovos fritidos con patacas e ensalada;
  • Froita de tempada;
Menú 43:
  • Caldo galego;
  • Robaliza (lubina) ó forno;
  • Flan con tona;

martes, 6 de abril de 2010

Brindis

"De hoxe nun ano" era o brindis máis habital empregado polo convidado, que podía ser un viciño, un xornaleiro, unha persoa calquera que fora a unha casa labrega, cando lle ofrecían unha copa de anís, de caña ou de licor café.
"E antes de alá moitas veces", a resposta consabida do dono da casa.
Pola mañá ofrecían café, augardente e outros licores; ó achegarse o mediodía ou á tarde tanto ofrecían café coma viño ou outras bebidas alcohólicas. Isto acontecía do meso xeito tanto se se trataba de homes coma de mulleres.

Outros brindis:
"Saúde para todos";
"Á vosa saúde";
"Á saúde dos presentes"
"Polos cravos dunha porta vella";


Brindis, copa copindis,
copín de copa;
y el que no diga
brindis, copa copindis
copín de copa,
no bebe gota.
(Informantes: A.S.G. e C.S.G., concello de Santiago de Compostela)

Tinto, tinto,
creado entre las matas,
a mí me matas
y me haces andar a gatas;
cuánto te quiero
y te paso por este agujero.
(Informante: R.G.N.C., concello de Santiago de Compostela)


sábado, 3 de abril de 2010

As ensaladas

Tradicionalmente eran un prato de tempada, elaborado case exclusivamente con leituga, tomate e cebola e aliñado con sal, aceite de oliva e vinagre de viño. Non se tomaban ensaladas nen á cea, nen cando o resto do menú contiña verduras ou legumes. Non se consideraban coma un verdadeiro prato, senón un complemento dun prato principal de carne ou de pescado e comíanse a rancho.
Hoxe as ensaladas elabóranse con infinidade de productos; ademais dos xa citados, pementos roxo e verde, millo, remlacha, olivas, espárragos, pepino, lombarda, mazás... e tamén ovos cocidos, noces, queixo, atún, sardiñasen conserva, bacallao, pescada, pauciños de cangrexo...; son un prato máis e consúmense a diario.


viernes, 2 de abril de 2010

As bebidas (3)

Máis notas sobre o café:
Ó ser un producto de importanción, o café era caro, por iso se misturaba con máis ou menos achicoria, aproveitábanse as borras utilizándoas varias veces e tamén se contrabandeaba do viciño Portugal, onde era máis barato, tanto por ter colonias productoras (Angola e Mozambique), como polas súas relacións privilexiadas co Brasil.
O contrabando era tanto
para o propio consumo, sobre todo nas localidades próximas á raia, como para vender ás agochadas nos mercados os que se arriscaban e só ós cientes de confianza para evita-las sancións.

O café soluble, o descafeinado e o café moído apareceron nos anos 60.

O colacao:
É unha marca comercial que a partires dos anos 60 consegue unha gran impronta popular, apoiado por unha impostante campaña publicitaria que, a traverso da radio, cala profundamente en tódolos sectores da poboación.
Yo soy aquel negrito
del África tropical
que cultivando cantaba
la canción del colacao.
Es el colacao...
lembran con facilidade as nosas testemuñas.
Tomábase con leite, tanto para o almorzo, como para a merenda ou mesmo a cea. Os principais consumidores eran os rapaces.
As caixas nas que se comercializaba, cos seus característicos debuxos orientais, eran ambizoadas polas nenas para garda-los seus pequenos tesouros e s non tan nenas para empregalas como costureiros, xoieiros...
A popularización do Colacao relegou o consumo de chiculate a un segundo plano, porque a súa preparación era moito máis sinxela e o seu prezo relativamente módico. Hoxe o consumo de chiculate nas súas formas máis tradicionais estáse recuperando, sobre todo en establecementos hosteleiros, algúns deles espacializados na oferta desde producto.
O Colacao tivo moitos "imitadores", productos similares a menor prezo, pero ningún deles acadou as súas cuotas de mercado.

jueves, 1 de abril de 2010

Os nosos menús

Menú 40:
  • Berenxenas recheas;
  • Estofado de coello con ensalada;
  • Xelado de limón;

Utensilios de cociña