Ingredientes:
Pan reseso
Leite
Dou ovos
Aceite
Zucre
Elaboración:
Trócease o pan reseso, preferiblemente coa man e ponse a ablandar no leite e logo escúrrese.
Bátense os ovos e faise a tortilla. Ainda quente, espolvoréaselle un pouco de zucre. Tómase morma ou fría.
(Informantes: C.M., concello de Vedra e C.S.G., concello de Santiago de Compostela)
viernes, 14 de agosto de 2009
jueves, 13 de agosto de 2009
Patacas de San Pedro de Alcántara (Ávila)

Ingredientes:
- Patacas
- Bacallao
- Cebola
- Folla de loureiro
- Aceite de oliva
- Pementón
- Viño branco
- Sal
Elaboración:
Móndanse as patacas e córtanse en anacos pequenos.
Ponse na tarteira un pouco de aceite; pícase unha cebola e cando esté pochada, añádense as patacas cunha folla de loureiro, un pouco de pimentón e un chorro de viño branco.
Cúbrense con auga e cando empezan a cocer, póñense os anacos de bacallao por riba das patacas.
Cando está ben cocido, sácanse do lume e déixanse repousar un bo anaco.
Polo en pepitoria
Ingredientes:
Un polo
Dous ovos
Fariña
Caldo de carne
Unha cebola
Viño branco
Aceite de oliva
Perixel
Dous dentes de allo
Sal
Azafrán
Elaboración:
Trocéase o polo e envólvense en fariña; pícase a cebola, o perixel e os dentes de allo.
Ponse nunha cacerola ó lume un pouco de aceite; cando esté quente, dórase o polo e déixase en reserva aparte; dórase a cebola, o perixel e os allos sen que se tosten.
Añádese o polo e un vaso de viño branco, un vaso de caldo e unha puntiña de azafrán.
Cando esté cocido, añádeselle unha culler de fariña que se disolve co preve e dous ovos cocidos picados.
Mentres se vai facendo hai que mover continuamente a tarteira para homoxeneizar o preve.
Sérvese con patacas fritidas ou arroz en branco.
Un polo
Dous ovos
Fariña
Caldo de carne
Unha cebola
Viño branco
Aceite de oliva
Perixel
Dous dentes de allo
Sal
Azafrán
Elaboración:
Trocéase o polo e envólvense en fariña; pícase a cebola, o perixel e os dentes de allo.
Ponse nunha cacerola ó lume un pouco de aceite; cando esté quente, dórase o polo e déixase en reserva aparte; dórase a cebola, o perixel e os allos sen que se tosten.
Añádese o polo e un vaso de viño branco, un vaso de caldo e unha puntiña de azafrán.
Cando esté cocido, añádeselle unha culler de fariña que se disolve co preve e dous ovos cocidos picados.
Mentres se vai facendo hai que mover continuamente a tarteira para homoxeneizar o preve.
Sérvese con patacas fritidas ou arroz en branco.
miércoles, 12 de agosto de 2009
Castañas asadas

Típicas do outono.
Collían unha lata de sardiñas vacía e facíanlle buratos no fondo usando unha punta e un martelo. Tamén podían empregar unha tixola vella.
Ás castañas facíaselles un corte para que non "saltaran". Poñíanas na lata e asábanas na brasa, principalmente á hora de cear.
Nas vilas importantes había castañeiras, case sempre mulleres xa de certa idade, que asaban as castañas na rúa con carbón. Soían situarse cada inverno no mesmo sitio, ó abrigo dos soportais se os había e perto dos cines e outros locais frecuentados polo público.
Fragmento dos Diarios de Mariana Canabal:
"Na época das castañas, outubro e novembro, tomábanse cocidas con nébodas ou con anises; algúns comíanas así, outros botábanas nun prato fondo ou nunha cunca e añadíanlle leite e zucre. Para cocelas pelábanse por completo.
Tamén as asaban nas brasas da lareira ou no forno da cociña bilbaína empregando unha lata das conservas á que lle facían unha serie de buratos no fondo axudándose dunha punta de piso e un martelo ou unha pedra. Ás castañas facíaselles un corte para que por efecto do calor non saltaran da lata.
Os nenos tamén comíamos as castañas crúas ou secas (castañas maias ou pilongas)...
"Na entrada da Rúa Nova, no casco histórico de Compostela, no inverno apostábase un castañeiro, un home xa de certa idade, ataviado cun gardapolvos de mahón, o mesmo que nos meses de verán andaba polas rúas cun carriño dos xelados ou se apostaba ás portas dos colexios ás horas de entrar ou de saír.
Ás veces formábanse largas ringleiras de xente para mercar un cucurucho delas, feito con papel de xornal, tanto polo gosto de comelas como de quentar as mans... Os principais clientes do castañeiro eran as parellas de noivos que paseaban polas rúas ou que entraban e saían dos cines, que había dous nesa rúa.
O oficio da castañeira quedou maxistralmente retratado na serie de TVE "Los gozos y las sombras", baseada na obra de Gonzalo Torrente Ballester, a traverso do personaxe interpretado pola inesquencible María Teresa Rodríguez, unha das primeiras alcaldesas galegas da democracia, coa que tiven a sorte de participar durante algúns anos nun grupo de teatro de afeizoados dirixido por Rodolfo López- Veiga...
"Unha das estampas parisinas que me resulta máis entrañable é a das pontes sobre o Sena en inverno, xa anoitecido, cando a brétema que sobe do río suaviza a luz das farolas e difumina os perfís dos peóns que deteñen o seu andar decidido para mercar un cartucho de castañas asadas, alá tamén feito de papel de xornal.
"Ducias de castañeiros e castañeiras están en ringleira ó longo das pontes, envoltos en grosos gabáns ou mesmo cubertos con mantas, protexidas as mans con grosas lubas de lá e a cabeza con puchos con orelleiras, tanto que apuro se lles ven os ollos e mailo narís. O bafo dos braseiros axuda a darlles un aquel de misterio...
Etiquetas:
castañas,
diarios de mariana Canabal
viernes, 7 de agosto de 2009
Orella de porco
Ingredientes:
Unha orella de porco salgada (déixase a desalar desde o día anterior);
Aceite de oliva;
Pemento picante;
Elaboración:
Cócese a orella e córtase en anacos cunha tesoura (igoal que o polbo); bótaselle o aceite oliva e o pemento picante.
Sérvese nunha fuente para picar todos.
Pode acompañarse con patacas cocidas ou en puré.
Unha orella de porco salgada (déixase a desalar desde o día anterior);
Aceite de oliva;
Pemento picante;
Elaboración:
Cócese a orella e córtase en anacos cunha tesoura (igoal que o polbo); bótaselle o aceite oliva e o pemento picante.
Sérvese nunha fuente para picar todos.
Pode acompañarse con patacas cocidas ou en puré.
Etiquetas:
carne de porco,
carnes,
orella de porco
A nosa memoria musical: Máis coplas

Chamáchesme pera verde,
eu a ti mazán podrida;
se pera verde se come,
mazá podrida se tira.
Arrimar, arrimeime,
funme arrimando,
á criada do cura
cominlle o caldo.
Arroz con chícharos,
patacas novas,
repolo de Betanzos
e máis cebolas.
Túa nai ten ten
tripas a cocer;
heille de ir a elas,
heillas de comer.
A laranxa foi á fonte
e o limón foi atrás dela;
a laranxa trougo a ola
e o limón trougo a panela.
Zapatos de chiculate
tenos a miña cadela
pra levar as ovelliñas
ás feiriñas de Nadela.
O sacristán de Coimbra
facía de mil diabluras,
mollaba o pan en aceite,
deixaba os santos a escuras.
Veu un señor da Coruña,
Dios mío querido, ¡que veu a facer!;
veu a comer as pescadas,
deixar as espiñas para nós comer.
Esas que as coma el e maila súa muller.
Peras ó viño
Ingredientes:
Peras das que se chaman "do inverno", aproximadamente unha por persoa;
Viño tinto do Ribeiro;
Zucre;
Canela en rama;
Preparación:
Móndanse as peras e pártense polo medio quitándolle o corazón.
Póñense ó lume nunha tarteira, añádeselle o viño ata cobrilas, o zucre e a canela en rama.
Cando están cocidas, apágase o lume e sérvense mornas ou frías cun pouco do almíbar que resultou da reducción do viño e a disolución do zucre.
Se non se quere empregar viño pódense cocer en auga.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)