Mostrando entradas con la etiqueta garabansos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta garabansos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 15 de septiembre de 2010

Garabansos con rabo de porco

Ingredientes:
  • Garabansos;
  • Unha pataca (opcional);
  • Rabo de porco (un ou máis);
  • Panceta;
  • Aceite de oliva;
  • Allo;
  • Sal;
  • Especies para callos;
Elaboración:
Póñense os garabansos a remollo o día anterior e o rabo de porco e a panceta a desalgar.
Córtase a patac e a panceta en dados pártese o rabo de porco en anacos duns 5 cm. aproximadamente.
Nunha pota póñense a cocer en frío os garabansos, a pataca, o rabo de porco e a panceta.
Na tixola quéntase un pouco d aceite de oliva e dóranse os dentes de allo; vértese o rustrido quente na pota e déixase que ferva.
Corríxese de sal e botánselle as especies.
Collemos uns poucos garabansos nun cullerón e esmagámolos coa axuda dun garfio e vertémolo na pota; servirá para espesa-la prebe.
Para chuparse os dedos, porque ¡tomar o rabo de porco con garfio e coitelo, non!