Mostrando entradas con la etiqueta condimentos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta condimentos. Mostrar todas las entradas

martes, 20 de abril de 2010

O unto


É a capa de graxa que cubre os intestinos do porco; salgábase xenerosamente, enrollábase e atábase cun cordel coma se fora un paquete e afumabase pendurado da chimenea, logo empregábase como condimento (caldos, sopas, para friti-las troitas...), e tamén para remedios caseiros (provoca-la maduración dun forúnculo ou dun uñeiro, acelerar un proceso infeccioso externo para activar as defensas inmunolóxicas nesa zoa).

miércoles, 2 de septiembre de 2009

Os condimentos tradicionais da cociña galega


Na cociña tradicional galega empregábanse dous tipos de condimentos:

1. Cultivados ou elaborados polos propios paisanos:

  • cebolas
  • allos
  • vinagre de viño
  • viño branco e outros licores
  • ourego
  • loureiro
  • menta
  • anises e nébodas (estas para coce-las castañas)

2. Mercados nas tabernas ou nos ultramarinos (así chamados pola procedencia ou orixe de moitos dos productos que vendían):

  • aceite
  • sal
  • canela en polvo e en rama
  • pementón
  • pemento picante
  • pementa branca e negra
  • azafrán
  • especias, principalmente para os callos
  • noz moscada
A cociña tradicional galega non abusa dos condimentos coma as cociñas chinas, da India ou árabes, entre outros motivos porque emprega productosfrescos e de excelente calidade, resgo común a toda a cociña mediterránea, aínda que estemos no Atlántico!

martes, 1 de septiembre de 2009

Condimentos: o ourego

Ourego en flor a mediados de agosto.
O ourego emprégase como condimento para calquera tipo de carne. Os paisanos galego cultivábano eles mesmos.
Recóllese a finais de agosto ou primeiros de setembro, antes de que chiva porque senón botarase a perder.
Deben cortarse só as flores e desbota-las follas e os troncos leñosos. Gardalas nunha caixa de cartón ou nunha bulsa de lienzo ata que estén completamente secas, logo poden conservarse nun bote de cristal ou nun taper.

miércoles, 19 de agosto de 2009

Condimentos: o loureiro

Na cociña tradicional galega as follas do loureiro empréganse tanto verdes coma secas.

Ademais, o loureiro ten outras aplicacións:
  • quéimase para afuma-los chourizos;
  • introdúcese nos roupeiros para prevenir a polilla e dar arrecendo á roupa;
  • con el faise "o ramo" que se coloca no cumio da casa cando se rematan as obras de cantería e albañilería e faise o "albaroque";
  • ponse nas portas das casas cando hai viño novo para vender ou consumir; este costume hoxe case desaparecido en Galicia ainda perdura noutros países europeos;