domingo, 15 de noviembre de 2009

Os nosos menús


Menú 2:
  • Lentellas;
  • Tortilla de espárragos;
  • Froita de tempada;
Os nosos menús están compostos en xeral dun primeiro prato, un prato principal e unha sobremesa; o máis habitual hoxe, pero non sempre foi así:
  1. A sobremesa, tal como a entendemos hoxe era exclusiva dos días de festa;
  2. O prato principal tomábase antes e o caldo despios, non só nas aldeas, senón tamén en moitas casas das vilas, sobre todo os homes e as mulleres de maís idade. este costume tiña unha funcionalidade: tratar de consumir o prato principal eleborado na súa totalidade, porque non había medios para conserva-los alimentos e tomar unha maior ou menor cantidade de caldo (ás veces espesándoo con codelos de pan), segundo o apetito que quedara.
  3. Nalgúns casos había un prato único e abondante, non só por motivos económicos, senón taménpor aforrar tempo ou porque se trataba dunha comida forte: carne asada, callos..., que podía acompañarse no verán dunha ensalada ou duns pementos de Padrón. As ensaladas non se consideraban un verdadeiro prato.

No hay comentarios:

Publicar un comentario