lunes, 27 de abril de 2009

Bonito "al estilo de mi suegra"

Ingredientes:
2 kilos de bonito;
cebolas (tanta cebola picada como bonito;
pementos morróns;
6 dentes de allo;
viño branco;
pemento doce;

Preparación:
Quitáselle a pel ó bonito, córtase en anacos pequenos ó ser (sentido contrario á rodalla).
Pícase a cebola e póchase, añádese o bonito, os pementos cortados en tiras non moi pequenas.
Os allos machácanse no morteiro e añádese o viño branco. Incorpórase ó bonito; déixase cocer unha hora aproximadamente.
(Informante: C.S.G., concello de Santiago de Compostela)

Filloas recheas de marisco


Ingredientes para as filloas:
Medio kilo de fariña;
Un litro de caldo limpo;
6 ovos;
Mistúrase todo coa batidora, a esta masa líquida chámaselle amoado; cun anaco de touciño úntase a tixola e cun cullerón espárcese o amoado e, cando está callado, dáselle a volta.

Ingredientes para o recheo:
Langostiños ou cigalas quisquillas;
Un ovo cocido;
Unhas follas de leituga;

Preparación:
Cócese o marisco, pélase e pártese miúdo, añádeselle un ovo cocido, a leituga cortada en tiriñas e a mahonesa.
Cunha culler vaise poñendo a mistura no centro da filloa e logo dóblase.
(Informante: J.H.C., concello de Santiago de Compostela)

Empanada de bacallao



Ingredientes:
600 gramos de fariña;
levadura;
un chorro de aceite (ou mantequilla);
un ovo cru;
cebola;
bacallao;
pemento doce;
Amásase ben e fórmase unha bola coa masa e déixase repousar ata que levede. Pódese amasar outro pouco e deixar repousar outra vez.
Frítese a cebola e o bacallao desmigado,
añádeselle un pouco de pemento doce e déixase enfriar un pouco, senón rompería a masa. É a zaragallada.
A metade da masa exténdese sobre unha mesa espolvoreada de fariña coa axuda dun rodicio ou dunha botella, e colócase na empanadeira deixando que desborde todo ó redor; e vértese sobre ela a zaragallada e repártese uniformemente.Exténdese o resto da masa e colócase por enriba, dóbrase coidadosamente a masa sobrante e fáiselle un buratiño no medio para que "respire". Métese ó forno.

Cando había fornos de leña, moitas persoas facían as empanadas na casa e levábanas a cocer ós fornos, para diferencialas unhas das outras, coa mesma masa facían unhas tiriñas e poñíanllas formando un pequeno debuxo ou unha letra identificativa.
(Informante: E.G.C., concello de Teo)

viernes, 24 de abril de 2009

Patacas amañadas


Móndanse as patacas e córtanse en anacos grandes. Cócense con sal e unhas follas de loureiro.
Na tixola prepárase un refrito con aceite, cebola e pemento doce.
Escúrrense as patacas e póñense nunha fuente fonda (a nosa informante empregou a palabra palangana), bótaselle o refrito e cómense a rancho (van todos picando da fuente).
Facíanas os días extraordinarios.
(San Silvestre, concello de Santiago de Compostela, informante C.S.G.)