sábado, 5 de diciembre de 2009

Sargo ó sal

Límpase o sargo e colócase nunha fuente de forno sobre unha cama de sal gorda; cúbrese con outra capa de sal un pouco mollado e métese ó forno uns 30 minutos. sábese que está feito cando o sal comeza a dourarse.
Cando está feito, retírase o sal coa axuda dn punzón, quítanselle as espiñas e sérvese nunha fuente de mesa acompañado de legumes salteadas.

(Informante: V.B.S., concello de Vigo)
Do mesmo xeito prepárase tamén o ollomol.

viernes, 4 de diciembre de 2009

Os nosos menús


Menú 6:
  • Crema de champiñóns;
  • Tortilla española;
  • Ensalada de tempada;
  • Iogurt;

Os nosos menús


Menú 5:
  • Caldo galego;
  • Bacallao á vasca;
  • Frota de tempada;

O polbo

Tradicionalmete consumíase en grupo, é dicir fóra da casa con ocasión de feiras, romerías (nestes casos sempre "á feira" e ó aire libre, acompañado de pan de molete e viño tinto) ou, simplemte cando se ía a unha vila próxima a realizar algunha xestión e se comía nunha taberna ou mesón. Neste caso podía ser tamén guisado ou en empanada.
O polbo en conserva adicábase principalmente á exportación fóra de Galicia.
Recentemente apareceron outras modalidades: polbo á pedra, polbo á prancha, á vinagreta..., pero segue sendo un producto moi demandado.
O polvo máis apreciado era o da Illa de Arousa, pero, curiosamente, os pulpeiros e pulpeiras máis afamados procedían do interior (Carballiño, Ribadavia...)

Nas romerías galegas non podían falta-los pulpeiros e pulpeiras; na meirande parte dos casos, elas (as mulleres) cocíano e cortábano e eles (os homes) servíano e cobrábano; a condimentación tanto podía facela o home como a muller.
Nestas romerías, tamén chamadas festas de campo porque a elas acudían tódolos membros da familia e levaban a comida da casa (pan de molete, chourizos, empanadas, tortillas, xamón, queixos, etc.), os mozos solteiros, que non levaban a comida da casa, soían convidar á familia da moza ou a outra familia viciña a unhas racións de polbo; a cambeo compartían o resto das viandas que as familias aportaran.
Os que máis valoraban o polbo dsde o ponto de vista social eran os vellos; xa o di a cantiga:
...Quero cantar e bailar,
anque son vello, netiña;
quero ir ás festas e ás romerías,
comer o pulpo e outras cousas finas;
beber bo viño, falar coa xente
e ouvi-la gaita do señor Vicente.
E véndeme os bois e véndeme as vacas...
(Fragmento de "Axéitame a polainiña", tomada de Faustino Santalices)

Supersticións:
Na cultura tradicional galega existen varias supersticións relacionadas co polbo. Recollemo-las seguintes:



  1. Co polbo non se debe beber auga; beberase viño, principalmente do Ribeiro ou Barrantes, ou, se non, leite;

  2. A muller non debe comer polbo durante o embarazo, en caso contrario, o neno pode nacer con manchas aviñatadas na pel, vulgarmente chamadas "antollos";

  3. Tampouco comerá polbo durante a menstruación ou a dieta (periodo seguinte ó parto); esta prohibición afecta ós mariscos e pescados azuis;

Curiosamente, todas estas supersticións están relacionadas coa muller. As supersticións que afectan ós homes non teñen o carácter de tles, senón máis ben de lendas que circulan entre os mariñeiros e que eles mesmos propagan falando de polbos xigantes e con tanta forza nos seus tentáculos que son capaces de arrastrar a un home desde a cuberta da embarcación ata o fondo do mar...

Peixes: o xurelo



Cada peixe na cultura tradicional tiña unha valoración social, sendo os xurelos os que ocupaban un lugar máis baixo no escalafón. Ata tal ponto que, nas vilas e cidades, ás amas de casa dáballes vergonza mercalos e dicían que eran para as criadas ou para os gatos.
Esta escasa valoración social queda reflexada na seguinte copla popular que corresponde a un desafío:
Os homiños que hay agora
son poucos e valen menos;
vai o cento a catro cartos
coma os xurelos pequenos.

Os nosos menús


Menú 4:
  • Navallas á prancha;
  • Pescada á galega;
  • Xelado;

Manueliños en escabeche

Ingredientes:
  • Manueliños (xurelos pequenos);
  • Fariña;
  • Sal;
  • Aceite de oliva;
  • Follas de loureiro;
  • Vinagre;
  • Pementón;

Elaboración:
Límpanse os manueliños, quitándolles a cabeza e sálganse. Rebózanse en fariña, tendo coidado de sacudilos antes de botalos na tixola para non mancha-lo aceite, que debe estar ben quente.
Unha vez fritids, póñense nunha fuente fonda cunhas follas de loureiro; ó aceite añádeselle un chorro de vinagre e unha pizca de pementón e vérese o rustrido sobre o peixe.
Pódense comer quentes ou fríos, acompañados de cachelos, puré de pataca, etc.