viernes, 4 de febrero de 2011

Ficha de traballo (31)

O CONSUMO DE PATACAS:
1) ¿Cantas veces á semán consumía patacas na súa infancia?
  • Tódolos días;
  • Case tódolos días;
  • Dúas veces por semán;
  • Outras;
2) ¿Que cantidade de patacas compra habitualmente?
  • Un kilo;
  • Cinco kilos;
  • Dez kilos;
  • Máis;
  • Para toda a semán;
  • Para todo o mes;
3) ¿Cantas veces á semán consume patacas actualmente?
4) ¿Como as consume?
  • Cocidas;
  • Fritidas;
  • Ó vapor;
  • En puré;
  • Outras;
5) ¿Coñece algunha superstición relacionada coas patacas?
6) Escribe algún refrán, dito ou expresión da fala popular relacionado coas patacas.
7) Describe algún labor relacionado co cultivo das patacas.
8) Redacta unha receita na que un dos seus principais ingredientes sexan as patacas.
9) ¿Que valor nutritivo lle atribúe ás patacas?

A queimada

"Xa no antigo rito celta, nas noites de Breogán, a queimada daba forza para a loita, facía fuxir ós espítitus, desfacía o "mal de ollo", sandaba enfermedades e era, en fin, o elemento principal dunha ceremonia relixiosa na que se invocaban tódalas forzas ocultas: meigas, trasnos, duendes e sunsumcordas.
"Usábase tamén pra facer fuxi-las aparicións da Santa Compaña, que se reunía nos cruceiros dos camiños.
"Prepárase a queimada con augardente, destilada dos bagos da uva nas típicas alquitaras ou potas e recólles o destilado gota a gota, día e noite.
"Este augardente mistúrase cunha proporción de azucre de catro a un, é dicir, un kilo e de azicre por cada catro litros de augardente e, segundo a opinión do Gran Mestre de Queimadas o que debe decidir se é mellor máis ou menos doce. Empréase mellor mel que azucre, xa que dá un sabor e unha aroma mellores.
"Engádeselle un pouco de viño tinto, un limón cortado en rodallas, uns cachos (poucos) de mazá e o que a pantasía e mailo gosto do que o Grande Mestre queira.
"Prántaselle lume á mistura, collendo nunha culler un pouco de azucre do fndo da vasixa, con augardente, e acercándolle un misto aceso.
"Unha vez acesa, mécese cunha culler de barro ou metal, co rabo de madeira e as chamas soben ledas, comunicando calor á xuntanza. Hai que apaga-las luces pra que só a chama da queimada extenda a súa claridade antasmagírica.
"É necesario cantarlle á Quiemada e invocar a tódalas meigas benéficas. Cantaráse maiormente cancións reionais galegas (Negra Sombra, Alborada de Veiga) que son sentimentais, melancólicas, profundas, case oracións. Antes de apagala, engadirlle algo de café e canela.
"Cando se vexa que está queimado todo o espíritu da augardente, que se debilita a chama, antes de que se apague por si mesma, apagala cun soplo forte.
"O punto exacto é o grande secreto do Grande Mestre en Queimadas, xa que calcula a forza da bebida.
"Hai que bebela quente, a pequenos grolos, paseniñamente, xa que tódolos espíritus e meigas bébense coela, e quentan o corpo e alegran a alma de tal xeito que despois pasan cousas moi extranas. Feitizado queda o que bebe, esquéncese da súa muller, dos seus problemas, síntese grande, xeneroso, ceibe e quere voar con tódalas meigas a unha grande noite de Aquelarre."
(Escrito que me achegou un dos informantes e que trasladei ó pé da letra)

Os nosos menús


Menú 259:
  • Gamas ó allo;
  • Lacón grelos;
  • Filloas recheas de marmelada de endrinas;
Menú 260:
  • Ensalada de endivias;
  • Rape con vieiras;
  • Xelado;
Menú 261:
  • Ensalada de atún;
  • Milanesa de terneira;
  • Tarta de iogurth;
Menú 262:
  • Crema de calabacín;
  • Robaliza rechea;
  • Froita de tempada;
Menú 263:
  • Mexilóns ó vapor;
  • Salmón ó ferro con ensalada;
  • Froita de tempada;